sábado, 6 de noviembre de 2010

CONSELLOS PARA UNHA ENTREVISTA E UN CURRICULUM


CONSELLOS PARA UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

-Antes da entrevista é importante buscar información sobre a empresa, utiliza internet, artigos de prensa, coñecidos que che poidan aportar datos, asociacións empresariais, etc, para conseguir información.
-Estuda o teu currículum
-Avalía as túas fortalezas e debilidades en relación ao posto ao que optas
-Prepara argumentos convincentes para defender os puntos débiles eestratexias para enfatizar os aspectos positivos
-Coida o teu aspecto
-Mantén contacto ocular coa persoa que te entrevista
-Séntate dunha forma natural pero gardando as normas de cortesía, non invadas a mesa ou espazo do entrevistador nin te acomodes coma se estiveras na casa.
-Fala dos teus méritos e éxitos (académicos, profesionais, persoais...). En definitiva, saca partido dos teus puntos fortes.
-Hai entrevistas nas que se pon aos candidatos nunha situación incómoda para analizar o seu comportamento, recorda que se non queres non tes que respostar preguntas demasiado persoais ou pouco éticas, ti pos o límite.
-Falar demasiado rápido ou demasiado despacio, os nervios pódenche xogar unha mala pasada
-Se non entendes unha pregunta pide que cha aclaren antes de respostar
-Reflicte con xestos que estás atento e comprendes o que che din
-Non xesticules demasiado, podería dar a impresión de nerviosismo e inseguridade
-Non deixes lugar á improvisación, a entrevista hai que preparala

CONSELLOS PARA A ELABORACIÓN DO CURRICULUM VÍTAE
-Debe estar ben estruturado. Facilitará a súa lectura e a localización de cada dato
-Usarase sempre un orixinal, non fotocopias, e coidaremos o papel elixido, que sexa consistente, pode ser de cor mais en tons discretos. No caso de acompañalo dunha fotografía pódese inserir no currículo, senón deberase enviar tamén a orixinal.
-A súa redacción debe ser clara e directa, con frases e parágrafos curtos. Non se empregaran dúas palabras para o que se pode dicir en unha.
-Debe estar acorde co posto ó que se opta, reflectindo que se reúnen os requisitos
-Debe ser defendible, non debe conter mentiras ou esaxeracións, pois pode perder credibilidade e á vez ser descuberto nunha entrevista o pechará portas no futuro
-Acompaña o curriculo dunha carta de presentación.
-O curriculum non ira firmado, mais sí a carta de presentación. Pecharase o curriculum coa data, sendo suficiente o mes e o ano.

1 comentario:

  1. misturaches as actividades 3 e 5 en unha soa e esquecícheste dos consellos para a carta de presentación da actividade 3.

    na act 3: das moi poucos consellos
    a 5: está algo mellor, pero segue sendo moi mellorable.

    en ningunha das actividades citas a fonte de onde sacas a información.

    ResponderEliminar